Vantaxes e Desvantaxes


Coa intelixencia artificial as vantaxes e desvantaxes están aí e toca valorar que pesa máis. Tendo en conta a maneira na que poden mellorar a forma de traballar en sectores moi diferentes entre si, a día de hoxe está claro que priman máis os beneficios que os inconvenientes. 

Vantaxes

Automatización de procesos permite que as máquinas fagan de forma automática tarefas que para os humanos resultan repetitivas e tediosas. 

 Reduce o erro humano ao reducir a intervención dos humanos en certos procesos, acaba coas posibilidades de que estes poidan cometer erros. Por exemplo, unha errata ao introducir un dato na contabilidade dun negocio. 

Potencia a creatividade ao liberar aos traballadores de tarefas repetitivas e pouco motivadoras, a mente destes é moito máis libre para dedicarse ao proceso creativo. 

Achega precisión ao ser capaz de tomar decisións por si mesma, a intelixencia artificial dá lugar a procesos produtivos moito máis eficientes e cunha menor taxa de erro. 

 Axiliza a toma de decisións a intelixencia artificial é capaz de analizar miles de datos en apenas minutos e ademais ter en conta posibles actualizacións dos mesmos. A información ben sintetizada e actualizada axuda aos profesionais para tomar decisións estratéxicas. 



Desvantaxes

Dificultade de acceso aos datos para que unha intelixencia artificial funcione de forma adecuada debe ter datos actualizados e fiables, pero isto nos sempre é así. Por iso, un dos principais retos a abordar é garantir que estes sistemas poidan acceder aos datos que necesitan en cada momento. 

Falta de profesionais cualificados un dos inconvenientes desta tecnoloxía é que o seu desenvolvemento non está a ser tan rápido como debería porque faltan profesionais ben cualificados que poidan implementar os axustes necesarios. 

O seu desenvolvemento é custoso aínda que as intelixencias artificiais aplicadas ao ámbito da medicina, a produción, a dirección de empresas, etc. poden ser moi útiles, o desenvolvemento das mesmas ten aínda un custo moi elevado, o que fai que non sexan accesibles para todo o mundo. 

para saber máis

https://www.youtube.com/watch?v=g7etHPeti_s


© 2021 INTERCON Consultores S.R. P° de la Castellana 79, Madrid, 28046
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar